Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Brión convoca un curso de monitor de transporte e comedor escolar e outro de prevención de riscos laborais


 

O Concello de Brión convoca dous cursos formativos, un de monitor de transporte e comedor escolar e outro de prevención de riscos laborais, para os meses de setembro e outubro. As inscricións poderán facerse na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou no mail empregobrion@gmail.com ata unha semana antes do inicio do curso, se ben a admisión realizarase por orde de anotación, con preferencia para as persoas empadroadas en Brión.

O Curso de Monitor de Transporte e Comedor Escolar ten unha duración de 40 horas, que se impartirán do 2 ao 17 de outubro na aula CEMIT de Brión, en horario de luns a xoves de 9:30 a 13:30 horas. A maiores, o alumnado cursará outras 20 horas de prácticas. O prezo é de 40 euros, cun desconto do 50% para persoas desempregadas.

O Curso de Prevención de Riscos Laborais está homologado pola Fundación Laboral da Construción. Ten unha duración de 60 horas, das que 20 serán sesións presenciais na aula CEMIT de Brión. Esas clases presenciais terán lugar os días 23 e 25 de setembro e o 22 e 24 de outubro, de 16:30 a 21:30 horas. O prezo é de 50 euros, cun 50% de desconto para persoas desempregadas.